A iniciativa, financiada pola Xunta a través da campaña “O sabor da aventura está no mar”, terá lugar o 8 de agosto, aínda que é preciso anotarse no Concello antes do 3 de agosto
O Concello de Frades organiza unha excursión gratuíta para nenos e nenas de 3 a 14 anos que terá lugar o próximo xoves 8 de agosto e que terá como destino o río Anllóns, na costa de Bergantiños. Trátase dunha iniciativa totalmente de balde, xa que está financiada pola Consellería do Mar a través do programa “O sabor da aventura está no mar”, pero é necesario anotarse antes do 3 de agosto no Concello de Frades (981 695 567 ou 981 695 663).
A actividade inclúe traslado en autobús dende o Concello, coñecer o labor que desempeñan as mariscadoras do Anllóns, unha merenda a base de produtos do mar e unha visita pola zona para coñecer a súa oferta etnográfica e paisaxística. O obxectivo desta campaña é que os nenos e nenas coñezan e consuman produtos do mar de Galicia, ademais de incidir na importancia de incluir pratos elaborados con peixe e marisco nas súas dietas alimenticias.