A concelleira de Cultura Fabiola García participou no colexio O Grupo na festa de despedida de mes dos obradoiros de conciliación do Verán Cultural de Riveira, na que un cento de alumnos pertencentes aos obradoiros Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer tiveron oportunidade de amosar boa parte do traballo realizado nun evento que contou coa presenza de moitos pais e nais.
Púxose fin así á actividade do mes de xullo que tiña como título principal “Riveira: patrimonio turístico”. Ao longo deste mes, traballáronse contidos referidos a este tema, tendo cada clase un nome significativo dos principais lugares patrimonio natural do concello: as dunas de Corrubedo, a Lagoa de Vixán, a Illa de Sálvora , o faro de Corrubedo e o castro da cidade, foron os elementos máis traballados e que se puideron ver nunha exposición.
Inforxogo
Acto seguido Fabiola García desprazouse ata a aula CeMIT onde unha quincena de rapaces puideron mellorar os seus coñecementos informáticos da man do axente TIC Abel Alonso.