Clausurouse o ‘Campus de verán Ordes 2016’, o cal se levou a cabo en xullo nas instalacións deportivas de Vista Alegre. A iniciativa, desenvolvida conxuntamente pola S.D. Club Órdenes e o Concello de Ordes, contou cun centenar de inscricións en total. Fútbol campo orientación, Fútbol 7, atletismo, dúatlon, ciclismo, balonmán e natación foron as disciplinas que os participantes practicaron e das que adquiron novos coñecementos e sesións de perfeccionamento. Ademais da entrega de diplomas, hoxe os asistentes tamén puideron desfrutar dunha merenda da que deron boa conta.