Friday 22 de November de 2024

Máis de 70 nenos e nenas de Touro despediron ‘Xullo lúdico’, un programa educativo de lecer que concilia vida laboral e familiar


Máis de 70 nenos e nenas de Touro despediron hoxe na zona de Servizos de Touro, onde se ubican as pistas de deportes, a pisicina e a Casa da Cultura, o programa ‘Xullo lúdico’, que ofreceu durante todo este mes actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) para que nais e pais residentes no concello poideran conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. O programa continúa ata o 12 de agosto, ainda que con un menor número de participantes nenos e nenas.

Hoxe os máis pequenos e pequenas poideron disfrutar dos inchables instalados nas pistas de tenis. E tamén tomaron unha merenda e refrescos. A programación de ‘Xullo lúdico’ incluíu unha serie de actividades que, entre outras, está un obradoiro de internet-infomática, outro obradoiro de animación á lectura e outro de xogos predeportivos e cooperativos. Tamén fixeron actividades acuáticas na piscina e multideporte e un obradoiro de reciclaxe e medio ambiente.