Friday 22 de November de 2024

Cambre lamenta a escasa información sobre a apertura inmediata do novo centro de saúde de O Temple


O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que non é de recibo que a Xunta avise da apertura do novo centro de saúde con dous días de antelación. Sostén que non dan tempo suficiente como para alertar aos usuarios do ambulatorio da inminente apertura.
“Avísannos o xoves pola tarde de que o novo ambulatorio abre o luns. Non nos parece de recibo estas présas de última hora cando o centro debería abrir hai meses”, apunta o alcalde. Lembra que ademais o centro nace collo de servizos e descoñece nestes momentos os que se ofrecerán aos pacientes.
Pola súa banda, a concelleira de Sanidade, María Vázquez, lembra que desde hai meses q o Concello e a Asociación de Veciños de O Temple reclamaban a existencia dun pediatra en quenda de tarde debido á gran demanda de pacientes infantís que hai na parroquia de, O Temple a máis poboada do concello. Tamén demanda que a matrona dea servizo todos os días da semana e non só os dous que ten previstos. E ademais un médico de familia a maiores debido aos máis de 4.500 familias da parroquia. “Estou encantada da apertura do novo centro, pero creo que deben ampliar e mellorar os servizos con máis persoal sanitario para facer deste centro uno de referencia na comarca”, apunta Vázquez.
Ademais da carencia de pediatras, non consta ningunha unidade de raios en ningún dos dous ambulatorios do concello, algo inadmisible que obrigará aos usuarios para desprazarse ao CHUAC cada vez que o médico de familia ordene facer unha placa.