Clown, teatro, maxia, espectáculos aéreos, monicreques, concertos, festivais de música, festas temáticas e moito máis terá lugar na Alameda e no Campo da Feira ao longo do vindeiro mes
A partir do 1 de agosto, o Concello de Ordes porá en marcha o programa cultural ‘Unha viaxe pola cultura’. Ata o vindeiro 18 de agosto, e principalmente en horario de tarde, a Alameda e o Campo da Feira de Ordes serán os escenarios para espectáculos de diversa índole para desfrutar en familia e ao aire libre.
Concretamente o programa deste ano inclúe as seguintes actuacións, que no caso de chuvia se traladarán ao auditorio da casa da cultura:
• Luns 1: espectúculo de clown ‘Guillermo Sólo’. Alameda, 17h.
• Martes 2: monicreques, música e danza ‘A fada Diana no bosque musical’. Alameda, 20h.
• Mércores 3: clown ‘Mánicus’. Alameda, 20h.
• Xoves 4: Maxia co Mago Romarís ‘O fabricante de soños’. Alameda, 20 h.
• Venres 5: ‘Día do neno e da nena’, con inchables, música, troula e a gran festa da espuma. Campo da feira de Ordes, 17h.
• Sábado 6: Día das bandas. Actuacións das bandas de Ordes, Boiro e Arca. Alameda, 20 h.
• Domingo 7: Xuntanza Folclórica. Alameda, 20 h.
• Luns 8: Teatro de rúa ‘Cocido Express’. Alameda, 20 h.
• Martes 9: Monicreques ‘O carro dos monicreques’. Alameda, 20 h.
• Mércores 10: Clown ‘Out of blú’. Alameda, 20 h.
• Xoves 11: Espectáculos aéreos. ‘Soy ellas’. Alameda, 20 h.
• Venres 12: Maxia. ‘O magomóbil do Mago Antón’. Recoller as entradas no Departamento de Cultura. 12, 13, 20, 21 e 22 horas.
• Xoves 18: I Festival de Jazz. Escolas de Ordes, Muros e Boiro. Alameda, 21 h.
‘Unha viaxe pola cultura’ é unha iniciativa organizada polo Concello de Ordes, e que conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Deputación da Coruña e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.