O alcalde de Brión, José Luís García, representará á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) na Axencia Galega de Servizos Sociais, según lle vén de comunicar o secretario xeral de FEGAMP, Eduardo Ramonde Rodríguez. José Luís García xa representa actualmente á FEGAMP no Consello Galego de Benestar Social e na Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
Canda o alcalde brionés, tamén foron nomeados representantes ante a Axencia Galega de Servizos Sociais os alcaldes de Padrón, Antonio Fernández Angueira; e Sada, Óscar Benito Portela Fernández; así como a conceleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión de Lugo, Ana González Abelleira; e a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Cemiterios, Educación e Universidade de Pontevedra, María do Carme Fouces Díaz.