Thursday 21 de November de 2024

Todos os secretos do espazo ao descuberto en Pereira coa primeira cita de ‘Todocosmos’


A parroquia de Pereira foi o primeiro lugar escollido para levar a cabo o programa astronómico ‘Todocosmos’. Numerosos veciños e veciñas, así como outros residentes de diversos lugares do municipio de Ordes acudiron onte a esta cita. Todas e todos puideron contemplar planetas, estrelas, galaxias e constelacións a través dun telescopio de longo alcance, e coas pertinentes explicacións e o asesoramento por parte de especialistas e profesionais da materia. A próxima destas citas celebrarase o 29 de agosto en Vilamaior ás 22.30 horas no local social.

Ademais do Concello de Ordes en ‘Todocosmos’ colaboran o Ministerio de Economía e Competitividade, coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, a Universidade de Santiago de Compostela, así como o Observatorio Astronómico Ramón María Aller.