Sunday 24 de November de 2024

A Fundación Deporte Galego concede 5 novas axudas a deportistas galegos clasificados para Río 2016


Con esta nova resolución, son xa 11 os beneficiarios destas axudas convocadas o pasado mes de abril

A Fundación Deporte Galego acaba de aprobar a segunda resolución das axudas a deportistas galegos de alto nivel ao abeiro da convocatoria Galicia- Río 2016, publicada o pasado mes de abril.

Vense de conceder nesta segunda resolución, un total de 36.000 euros repartidos en becas a 5 deportistas clasificados para a cita olímpica/paralímpica de Río 2016 nas modalidades de tiro paralímpico, piragüismo, tiro con arco e natación. A esta recente resolución hai que sumarlle os 60.000 repartidos entre 6 deportistas da primeira resolución do pasado mes de xuño. O número de deportivas beneficiarios poderá incrementarse xa que aqueles que se vaian clasificando para Río poderán seguir solicitando a axuda ata que rematen os Xogos.

As axudas concedidas nesta segunda resolución son as seguintes:

APELIDOS NOME MODALIDADE TIPO AXUDA IMPORTE FINAL €
Alvariño García Miguel Tiro con arco AXUDA GALICIA-RÍO 3 2016 6.000,00 €
Carrera Amandi Óscar Piragüismo AXUDA GALICIA-RÍO 3 2016 6.000,00 €
Germade Barreiro Rodrigo Piragüismo AXUDA GALICIA-RÍO 3 2016 6.000,00 €
Saavedra Reinaldo Juan Antonio Tiro paralímpico AXUDA GALICIA-RÍO 1 2016 12.000,00 €
Vilas Vidal María Natación AXUDA GALICIA-RÍO 3 2016 6.000,00 €

As axudas que xa foran concedidas na primeira resolución de data 28 de xuño de 2016 son as seguintes:

APELIDOS NOME MODALIDADE TIPO AXUDA IMPORTE FINAL €
Bernabeu Avomo María Judo e D.A. AXUDA GALICIA-RÍO 3 2016 6.000,00 €
Echavarri Erasun Fernando Vela AXUDA GALICIA-RÍO 1 2016 12.000,00 €
Echegoyen Domínguez Támara Vela AXUDA GALICIA-RÍO 1 2016 12.000,00 €
Gómez Noya Francisco Javier Tríatlon e P.M. AXUDA GALICIA-RÍO 1 2016 12.000,00 €
López Marra Iago Vela AXUDA GALICIA-RÍO 3 2016 6.000,00 €
Portela Rivas Teresa Piragüismo AXUDA GALICIA-RÍO 1 2016 12.000,00 €

En total, a Fundación Deporte Galego prevé destinar ao programa de axudas aos deportistas galegos de alto nivel, no que se inclúe esta convocatoria, 360.000 euros neste ano 2016.

Río 2016
A cita olímpica e paralímpica deste ano ven marcando a política deportiva de alto nivel da Xunta de Galicia durante o ciclo olímpico. A través da Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, executáronse dous programas especificamente destinados a garantir a maior participación de deportistas galegos nos XXOO e XXPP de Río 2016. Estes programas son as axudas Galicia- Río 2016 da fundación e que se acaban de resolver para este ano, e o programa Río 2016 da Secretaría Xeral para o Deporte. Senllos programas en termos económicos supuxeron un investimento total superior a 1.000.000 euros.

Os resultados dos programas teñen dado os seus froitos, toda vez que a representación de deportistas galegos/as en Río 2016 supera con creces a de Londres 2012: a unhas semanas de que empecen os xogos, son xa 30 os galegos clasificados, fronte aos 22 que acudiron á pasada cita londiniense.