Friday 22 de November de 2024

Os nenos do Verán Cultural participaron na actividade “Ponlle as pilas ao teu bocata”


A praza do Concello vai foi escenario da actividade “Ponlle as pilas ao teu bocata” co fin de aprenderlles aos máis pequenos as posibilidades que os productos do mar en xeral e os das conservas en particular ofrecen dende o punto de vista alimenticio.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería do Mar en colaboración coas de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Sanidade, así como con ANFACO-CECOPESCA, que para o seu desenvolvemento en Riveira contou coa colaboración da Concellería de Cultura que dirixe Fabiola García.

Entre os asistentes ao obradoiro estiveron un cento de rapaces que están a participar nos talleres de conciliación do Verán Cultural, os cales no día de onte tiveron a oportunidade de asistir tamén a unha animada saída polas rúas de Riveira na que os cativos tiveron que liberarse dun conxuro a través da participación de diferentes probas nas que debían pedir a colaboración cidadá.