Centos de veciños deixáronse cativar na praza do Concello pola actuación do grupo costamarfileño Saint Luc de Banabakintu: unha iniciativa da asociación Egueire que, en colaboración co Concello e coa Parroquia de Santa Uxía, fixo posible achegar á nosa cidade os ritmos de África a través dun concertó que mesturou música tradicional con sons máis modernos.
Entre os asistentes, o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Cultura Fabiola García; así como o secretario de Egueire, Xosé Manuel Pensado; e o cura párroco de Santa Uxía Cesáreo Canabal.
De xeito paralelo houbo un pequeno rastrillo para colaborar no labor humanitaria que desenvolve a devandita asociación a prol da mellora da calidade de vida dos habitantes de Costa de Marfil tanto na vertente sanitaria como nas económicas e formativa.