Catro familias de Brión participan este verán na campaña “Vacacións en Paz”, un programa de acollemento organizado pola organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que conta coa colaboración do Concello de Brión. O alcalde de Brión, José Luís García, recibíu no Centro Social Polivalente ás familias e as nenas Mailemnin Bachir (de 11 anos), Hamma Omar (de 11 anos) e Lekuar Salama (10 anos), que é o 5º, 3º e 4º ano que visitan Brión. No acto tamén participou Siham Ali, de 8 anos, e que visita Brión por primeira vez e que residirá coa familia que acolle á súa irmá Ouehba.
As familias compartiron as experiencias destes primeiros días de acollida, na que todos coincidiron en facerlles unha revisión médica aos pequenos. Pola súa banda, José Luís García ofrecéulles ás familias todo o apoio e colaboración do Concello de Brión e felicitounas “polo seu traballo na acollida destes pequenos, que hai que agradecer de todo corazón”. O acto rematou coa entrega duns libros aos rapaces para incrementar os fondos da biblioteca que están montando en Tindouf.