O Venres o prato forte será a actuación de S.A. e El Último Ke Zierre
Xa están confirmados os grupos que tocarán na XXV Edición do Rock in Cambre. O Concello licitou por 85.305 euros a produción e contratación artísticas do festival, que se celebrará os próximos 12 e 13 de agosto no campo dá feira no seu XXV edición. Ademais dos cabezas de cartel actuarán dez bandas locais.
O venres o prato forte será a actuación de S.A. e El Último Ke Zierre. Como teloneiros os grupos locais Malasömbra, Embora, Hormigón, Destemplados e Sin City Devils.
O Sábado 13 de agosto actuarán The Real Mckenzies e The Pink Tones e coma teloneiros, Jackie Brown, Diego Frikipaldi, Huella, Chasis e Vavär.
Este ano foron os grupos locais do concello e das asociacións xuvenís quenes elixiron ás bandas que querían traer a Cambre. O festival terá lugar durante dous días para celebrar os vintacinco anos dos concertos de rock en Cambre.
Tamén haberá unha exposición no Museo Romano que acollerá diversos elementos relacionados con concertos de anos pasados, desde fotografías ata carteis ou camisetas.