O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse co recentemente nomeado novo presidente da CCDR-N, Fernando Freire de Sousa
O director xeral de relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse h en Oporto co recentemente nomeado presidente da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal (CCDR-N), Fernando Freire de Sousa.
Gamallo destacou que este encontro serviu para constatar “que a Eurorrexión non só segue sendo útil e sigue vixente, senón que coñeceu nos últimos tempos un enorme pulo, intensificando os proxectos conxuntos entre portugueses e galegos, e a nosa intención e continuar por esa senda”, xusto agora que se cumpren os 25 anos de creación da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
E, neste senso, Gamallo lembrou que “Galicia mantén coa Rexión Norte de Portugal unha posición de vangarda na senda da integración eurorrexional en Europa, tanto polo seu peso socioeconómico e demográfico conxuntos, como pola súa afinidade cultural, o seu dinamismo mercantil e a súa mellor armazón xurídico-institucional,e non só no marco referencial ibérico, senón mesmo no pelotón de cabeza europeo”. Temos novos proxectos, retos e desafíos conxuntos, como os fixados pola Estratexia 2020 da Unión, que incorporamos á nosa planificación a través do PIC (o Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión) ou a Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza RIS3T.
Durante a xuntanza, ambos responsables analizaron a organización, en datas próximas, do Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, polo que Alberto Núñez Feijóo pasará a asumir a presidencia da Eurorrexión. Tamén pasaron revista ao Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal (POCTEP), as actividades desenvolvidas pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), as Eurocidades ou a Macrorrexión RESOE, que proximamente firmará a ampliación a Cantabria.
Freire de Sousa, o novo Presidente da CCDR-N, é profesor na Facultade de Economía da Universidade do Porto. Foi secretario de Estado para a Competitividade e Internacionalización do XIII Goberno Constitucional e presidente do Fondo para a Internacionalización das Empresas Portuguesas.