A ponte que foi derrubada polas crecidas dos ríos do pasado inverno e que está situada na estrada que une Castelo, na parroquia de Andeade, con Santiso, en Cornado, no Concello de Touro, xa está aberta ao paso de vehículos e persoas. A ponte xa conta coa capa de asfalto e cemento e os quitamedos a cada un das súas beiras e por ela xa circulan dende esta semana vehículos de todo tipo e persoas a pé. Os traballos xa rematados, que correron a cargo da constructora Oviga, estivéronse desenvolvendo durante o mes de xuño e inicios do mes de xullo.
Dende o mes de xaneiro o paso por este punto estivo cortado ao tránsito de vehículos e persoas. A ponte sobre o río Beseño, polo efecto das crecidas do inverno, presentou en xaneiro un amplo buraco no centro da estrada sobre a que sustenta a ponte. Esta estrada de titularidade municipal é de moita circulación viaria. Comunica as parroquias de Santiso e Calvos con Fonte Díaz, capital do Concello e é a estrada para que esta zona do Concello de Touro acceda a outras vías de comunicación.