Sunday 24 de November de 2024

Unha trintena de actividades encherán de vida o concello de Riveira durante o verán con outra edición da fiestra da cultura


Unha trintena de actividades van encher de vida e cor este verán o municipio riveirense a través da trintena de actividades incluídas na Fiestra da Cultura 2016. A concelleira competente nesta área municipal, Fabiola García Martínez, foi a encargada de desgranar esta mañá no Centro Cultural Lustres Rivas un programa de eventos que terá na 4ª edición do Festival Xuvenil Beach, no camping Valverde situado entre Olveira e Corrubedo, o seu primeiro impacto a iniciativa da Igrexa Cristiana Evanxélica Renovación (de 23 a 1 horas).

Precisamente, a edil destacou durante a súa intervención a implicación de distintas entidades na confección do programa de eventos. É o caso da seguinte actuación: o concerto que a prestixiosísima xaponesa Mine Kaeakami ofrecerá o luns 25 de xullo ás 21 horas na Igrexa Parroquial de Santa Uxía: un acto solidario que se desenvolverá en favor de Cáritas Parroquial de Riveira, coorganizadora do evento.

O programa continuará con outras actividades que inclúen música, cine ao aire libre, gastronomía, circo, pequeno comercio, baile, tunning e outros moitos atractivos:

• Mércores 27 de xullo. Actuación do grupo de Costa do Marfil Saint Luc Banabakintu ás 21.30 horas na Praza do Concello.

• Sábado 30 de xullo. Gran Gala de Circo Ruactiva. Desastronauts en “Máis alto aínda. Ás 21.30 horas no Palco de Pedra do Malecón.

• Domingo 31 de xullo. Gala da escola de baile El Tomasón. Ás 20 horas no Auditorio Municipal.

• Mércores 3 de agosto. Actuación do Pallaso Popín en “Popín Palomero”. Ás 12 do día na praza do Concello.

• Xoves 4 de agosto. Actuación de Rudi Dudi Rastafarudi en “Rudículo”. Ás 12 do día na praza do Concello.

• Domingo 7 de agosto. Día da Flor. Coroación de Raíñas ás 19 horas no adro da igrexa e, a continuación, desfile de carrozas.

• Venres 12 de agosto. Noites de cine con “La Abeja Maya”. Ás 22 horas na praza de Pablo Neruda.

• Sábado 13 de agosto. Actuación de Javi Javichi ás 21.30 horas na praza do Concello.

• Sábado 13 de agosto. Concerto espectáculo: “Spooky Sessións” de Iulius XIII ás 21.30 horas no palco de pedra do Malecón.

• Sábado 13, domingo 14 e luns 15 de agosto. Viamare Stock Feira do Comercio. No Paseo do Malecón.

• Xoves 18 de agosto. Actuación de Musicoloco ás 12 horas na praza de España.

• Xoves 18 a domingo 21 de agosto. Artemar, Feira Artesanal e Mariñeira.

• Venres 19 de agosto. Concerto espectáculo: “All Stars Musical” de Gallaecia Big Band. Ás 23 horas na praza de España-

• Sábado 20 de agosto. Actuación de Clown Jano con “Sen Medidas”. Ás 21.30 horas no palco de pedra do Malecón.

• Venres 26 de agosto. Noite de cine con “Aviones, equipo de rescate”. Na praza de Pablo Neruda ás 22 horas.

• Sábado 27 de agosto. Festival Salsa na Rúa.

• Sábado 27 de agosto. Actuación de Kanbahiota Infantil en “Enamorado del aire”. Ás 21.30 horas no palco de pedra do Malecón.

• Venres 2 de setembro. Noites de cine con “Campanilla, hadas y piratas”. Ás 22 horas na praza de Pablo Neruda.

• Sábado 3 de setembro. Actuación de Asacocirco Show ás 21 horas no palco de pedra do Malecón.

• Sábado 3 e domingo 4 de setembro. VII Concentración Tunning Riveira. Na explanada de Coroso todo o día.

• Venres 9 de setembro. Noites de cine con “Free Birds” ás 22 horas na praza de Pablo Neruda.

• Venres 9 a luns 12 de setembro. Festas de Santa Uxía.

• Sábado 10 de setembro. Mago Cayetano con “Sherlock Holmes”. Ás 21 horas no Auditorio Municipal.

• Sábado 10 de setembro. Gala-Espectáculo Verbena Galega e actuación de Uxía e Narf en “Baladas da Galiza Imaxinaria (Homenaxe a Manuel María)”. Ás 22 horas no palco de pedra do Malecón.

• Luns 12 de setembro. Actuación de Títeres Viravolta con “Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón”. Ás 19 horas na praza do Concello.