Terá lugar o vindeiro venres, 22 de xullo, ás 11 horas no campo da festa
O vindeiro venres, 22 de xullo, ás 11 horas no campo da festa de Parada, levarase a cabo unha xuntanza informativa sobre a toma de posesión provisional dos predios de substitución que resultan do acordo de reestruturación parcelaria Parada II. En base a isto convócase ás persoas propietarias do acordo de reestruturación da dita parcelaria.