Friday 22 de November de 2024

Visita dos nenos e nenas da escola infantil municipal á canceira de Ordes


Conscientes da importancia que ten inculcar dende ben novos os valores de respecto co medio ambiente e cos animais, a escola infantil municipal Sorrisos visitou esta mañá a canceira de Ordes. Os nenos e nenas, acompañados dos seus coidadores e titores, viviron unha xornada rodeados dos cans e das cadelas aos que incluso lles puideron dar lambetadas. Tamén se lles explicou que todas e todos eles foron abandonados no seu día e que residen nas instalacións á espera de que sexan acollidos ou adoptados. A finalidade desta actividade é, por un lado, que os máis novos e novas teñan contacto directo con animais e, polo outro, suscitarlles emocións e sentimentos positivos cara a eles.