O vindeiro domingo, 17 de xullo, vaise realizar na Pobra do Caramiñal, a XXVII FESTA DA BICI, organizada por a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal
Será de carácter solidario donde cada participante terá que achegar un quilo de alimentos non perecedeiros no momento de realizar a súa inscrición
Estos alimentos serán recollidos por as asociacións de Cáritas do municipio e irán destinados as familias mais necesitadas.
Como en todas edicións desta Festa están convidados/as a participar todos e todas veciños e veciñas da Pobra e foráneos, sempre que traian a súa bicicleta e casco.
A partires das 10.15h. da mañá, na Praza Alcalde Segundo Durán, o persoal encargado da organización desta actividade encargarase de realizar a inscrición dos/das participantes.
O paseo, comenzará aproximadamente ás 11.00 horas, con saída e chegada na Praza Alcalde Segundo Durán.
Faranse dous circuítos:
PERCORRIDO ATA 8 ANOS: para os mais cativos no que participaran os nenos/as ata 8 anos e os que necesiten acompañante exclusivamente, cunha distancia de 2 km totalmente chan e polo casco urbano, tamén poderan participar os nenos mais maiores que teñan dificultades para realizar un percorrido mais largo, sairá as 11h
PERCORRIDO GRANDE: unha vez entrada na praza os participantes no percorrido pequeño tomarase a saída deste percorrido mais amplo, destinado a maiores de 8 anos en diante, cunha distancia de 11´20 km, polo que só poden tomar a saída os participantes que poidan cubrir esta distancia a ritmo suave e moderado, quedando excluidos os cativos mais pequenos que xa teñen o outro percorrido.
Percorrido grande : Praza Alcalde Segundo Durán – Peirao Comercial – r/ Diaz de Rábago- Rúa da Paz – r /San Roque- Camiño Ancho – A Tomada – Polígono Industrial – Mirandela – O Campiño – Cercias –Laxe – Pria da Illa (descanso) – Laxe – Maño – A Silva- Ponte de San Antonio – Areal.
A chegada de volta a Praza Alcalde Segundo Durán farase un sorteo de regalos cedidos por diferentes entidades comerciais da Pobra: GADIS, SUPERMERCADOS EROSKI , CENTRO SPORT/MANIOTAS E SPORT BIKE.
Organiza esta actividade a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal e colabora, o Club de MTB A PORTELA , O MOTOCLUB SIN FRENOS, PEÑA CICLISTA AS RAÍÑAS e tamén as entidades antes citadas.