Friday 22 de November de 2024

O PSOE de Ordes pide a reposición da sinalización horizontal no tramo da N-550 asfaltado esta semana


O PSOE de Ordes pedirá na sesión plenaria do próximo martes 18 de xullo que o Concello de Ordes inste ao Ministerio de Fomento e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a que repoñan a sinalización horizontal orixinal no tramo da N-550 asfaltado esta semana, especialmente na parroquia de Leira. “Veciños e veciñas desta parroquia xa nos fixeron chegar o seu malestar pola eliminación das liñas discontinuas de acceso aos seus fogares e que os obrigarían a dar longas voltas para facer xiros que estaban autorizados dende hai anos”, explica a voceira municipal socialista, Verónica Gómez.

Os socialistas lembran que non é a primeira vez na que o Ministerio de Fomento fai algo semellante. Hai un par de anos tamén eliminou as liñas discontinuas de acceso á piscina cuberta e ao IES Maruxa Mallo, na parroquia de Santa Cruz de Montaos e tamén na propia parroquia de Leira, que foron repostas grazas ás xestións realizadas polo PSOE de Ordes.