Haberá que solicitar cita previa a través do teléfono 981 680 002
O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará en Ordes os vindeiros días 12, 13, 14, 15 e 16 de setembro. A cantidade máxima de expedición por día será de 55 documentos. Como vén sendo habitual atenderán ao público en horario de mañá na Casa da Cultura. Todas e todos aqueles que queiran expedir por primeira vez ou renovar o seu documento nacional de identidade deberán solicitar unha cita previa chamando ao teléfono 981 680 002.