Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso organiza un taller gratuito de formación sobre drons


O taller terá lugar os días 18, 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de xullo, de 10:00 a 12:00 horas

O Concello de Oroso, a través da súa Aula CeMIT, ofrece un taller de formación para achegar coñecementos acerca da tecnoloxía dos drons durante a próxima semana, de luns a xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un obradoiro que orientará dun xeito sinxelo e práctico a calquera persoa con interese no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados, tanto con unha finalidade profesional como lúdica.

O curso é un paso previo perfecto antes de obter a certificación de piloto de RPA´s ou posterior para profundizar nas posibilidades de negocio e coñecer de xeito práctico as ferramentas coas que se traballa e está impartido por Meudron, S.L. (Operador de RPA’s autorizado por AESA). Ao rematar o taller formativo, os asistentes posuirán unha visión mellorada e global de todo o sector relacionado có mundo dos drons e que lle axudará á comprensión do seu funcionamento, desde o punto de vista legal vixente, ata cómo funciona un RPA desde unha visión real e práctica.

Os asistentes ao curso recibirán toda a información necesaria para coñecer o sector e desde ó primeiro día levaránse a cabo clases prácticas de pilotaxe con sistemas de simulación de diferentes aeronaves para a realización de maniobras básicas. Para a realización do curso non é necesario posuír coñecementos previos de aeronáutica.

A matrícula pode realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/17729. Mäis información en cemit.oroso@xunta.gal, educaoroso@concellooroso.com ou no teléfono 981 688 950.