O mercado municipal de Riveira foi escenario dun novo sorteo, terceiro xa dende que se impulsou a iniciativa, ao non aparecer os números agraciados anteriormente.
Nesta ocasión, o número premiado é o 327. Quen o teña pode pasarse pola instalación municipal e recoller o obsequio: unha fritideira eléctrica.
Cómpre lembrar que tamén se efectuou unha acción semellante na praza de abastos de Palmeira na que, esta vez si, no primeiro sorteo apareceu a gañadora, unha veciña da localidade chamada Dolores Rivas.