Sunday 24 de November de 2024

Xincana lingüística entre os nenos e nenas da comarca de Ordes


O SNL da Mancomunidade iniciou esta semana os seus obradoiros de verán, nos que se potencia o uso do galego mediante actividades lúdicas e educativas
Ordes, 8 de xullo de 2016. O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) iniciou esta semana o Obradoiro lúdico de lingua galega (xincana lingüística), o cal se desenvolverá por cada un dos sete concellos da comarca. Os primeiros foron os municipios de Cerceda e Trazo onde máis de 30 nenos e nenas o pasaron en grande co que se lles tiña preparado. A iniciativa está dirixida a menores de entre 6 e 12 anos, e está baseada na interacción a través dunha xincana lingüística lúdica e educativa, que consta de carreira de remudas, bingo de persoas e palabras encadeadas.
Entre os obxectivos da actividade destacan a estimulación para o uso xeneralizado do galego en todo tipo de actividades, ampliar as habilidades de comunicación oral en lingua galega, asociala á práctica do deporte, ampliar vocabulario, ou reforzar a cohesión grupal a través do xogo lúdico.