Remata a obra enmarcada no PAI “Renovación de redes de servizos e seguridade viaria en AC-214”.
A obra mellorou a seguridade viaria mediante dúas sendas peonís en dúas dos tramos da estrada AC-214, un á altura do núcleo de Fabás e outro á altura do lugar do Drozo. En xeral, a situación dos peóns que transitan pola zona de actuación carece das medidas necesarias que garantan a súa seguridade viaria, debido á carencia de puntos de cruzamento peonil.
Así mesmo, aproveitouse a obra para dotar de saneamento ás vivendas que carecían do mesmo no viario e procederase a mellorar a rede de pluviais en varios dos tramos da zona.
De feito, instalouse un paso de peóns no centro de Pravio preto dunha nova marquesiña que permitirá dorar de maior seguridade aos escolares cambreses da zona. Este paso de peóns proxectado conta actualmente unicamente con beirarrúa sobre a marxe dereita, de modo que se inclúe dentro das obras un paso peonil que cumpran a normativa autonómica.
Nas vindeiras semanas levarase a cabo a instalación doutro paso de peóns no mesmo viário.