Friday 22 de November de 2024

A ponte sobre o río Beseño, no Concello de Touro, estará lista para o seu uso nos próximos días


A ponte que foi derrubada polas crecidas dos ríos do pasado inverno e que está situada na estrada que une Castelo, na parroquia de Andeade, con Santiso, en Cornado, no Concello de Touro, estará lista para o seu uso nos próximos días. A ponte xa conta coa cuberta superior e nos próximos días será aberta ao tráfico de vehículos e ao paso de persoas a pé. Os traballos, que correron a cargo da constructora Oviga, estivéronse desenvolvendo durante o mes de xuño e inicios do mes de xullo..
Dende o mes de xaneiro o paso por este punto estivo cortado. A ponte sobre o río Beseño, polo efecto das crecidas do inverno, presentou en xaneiro un amplo buraco no centro da estrada sobre a que sustenta a ponte. Esta estrada de titularidade municipal é de moita circulación viaria. Comunica as parroquias de Santiso e Calvos con Fonte Díaz, capital do Concello e é a estrada para que esta zona do Concello de Touro acceda a outras vías de comunicación. Os veciños tiveron nestes últimos meses que utilizar estradas alternativas.