Friday 22 de November de 2024

Un total de 200 taekwondistas de 12 paises participarán no campamento soño olímpico 8


Tamén estarán presentes 22 destradores e 30 árbitros

Un total de 200 deportistas (o máximo do aforo) daranse cita entre os días 11 e 17 de xullo na oitava edición do campamento de verán Soño Olímpico: a iniciativa que cada ano pon en marcha no noso municipio o Club Natural Sport.

Para revelar os detalles desta nova concentración, que terá no camping Ría de Arosa 2 a súa base de operacións (ademais de recorrer puntualmente ao de Cabío ante a alta participación), estiveron hoxe na praza do Concello Juan Luis Martínez como director deportivo do campamento no nome de Soño Olímpico; o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz; o adestrador mexicano Salvador Allente; o concelleiro Anxo Orellán; e o alcalde Manuel Ruiz.

Ademais dos 200 deportistas referidos, tamén van participar un total de 22 adestradores nunhas xornadas de formación continua e 30 árbitros noutra acción impartida pola árbitro internacional María Bautista Maestre, preseleccionada para as Olimpiadas de Río.

En total estarán representadas 12 nacionalidades, ademais de España (con 11 autonomías), Portugal, Suecia, Francia, Luxemburgo, Bélxica, Italia, México, República Democrática do Congo, Exipto, República Dominicana e Holanda.

Entre os deportistas asistentes, Juan Luis Martínez destacou a Elin Johanson de Suecia, que está clasificada para os Xogos de Río; a Javier Agudo, director deportivo da Federación da Comunidade Valenciana; a Joaquim Peixoto, adestrador olímpico de Portugal; a Gabriel Mercedes, medallista olímpico en Beijing; e ao propio Salvador Allende, que resaltou a honra de poder participar unha vez máis neste campamento de prestixio internacional.

Ademais, este ano contarase coa presenza de deportistas da talla de Joan Jorquera (14 veces campión de Cataluña e campión estatais), Frederik Olsen de Suecia, xoven promesa do taekwondo muncial; e os locais Adrián Pombo, Ana Dosil e Iker García, todos eles campións de España clasificados para os europeos deste ano.

Ademais, compareceran máis de 20 campións de España en distintas categorías e máis de 40 medallistas nacionais e internacionais.

Juan Carlos Eirix resaltou o apoio que dende a federación galega se dá a esta consolidade iniciativa, en tanto que o alcalde Manuel Ruiz resaltou o taekwuondo como un dos deportes que máis alegrías está a procurar aos riveirenses.