Friday 22 de November de 2024

Esta fin de semana conclúe o II Concurso de tapas ‘De bo dente!’


Haberá importantes premios para quen deposite o seu voto nas urnas, así como para os establecementos participantes

Esta fin de semana concluirá o II Concurso de tapas ‘De bo dente’. Un total de 26 bares e establecementos da vila e de Santa Cruz de Montaos e As Casillas participan nesta iniciativa que deu comezo o pasado venres e que tivo unha grande acollida. Espetada de mar, estoupazo de polbo, polo ao cestello, stroganoff de pavo, compangos de salmón, pecado de curral, airiños da nosa terra, tortillas encantadas, ovos cabreados, escuma de mar, ou revolto de verán, son algunhas das receitas que este ano optan a ser a preferida polo público ordense.
Cada cliente poderá votar a tapa que máis lle guste, optando a importantes premios e agasallos. Cada establecemento contará cunha urna selada onde deberán depositar os votos cuñados por cada un deles. Nesta segunda edición haberá tres lotes constituídos polos seguintes agasallos: 1º premio: O peso da persoa gañadora en cervexa Estrella Galicia, visita á bodega de Petroni, cesta de cervexas internacionais, cesta de embutidos artesáns, botella Vallobera Mágnum. 2º premio: Visita á bodega Vallobera, vales supermercado Eroski por un importe de 30 €, vale calzados Capitán (zapatillas Mustang), botella Vallobera Mágnum. 3º premio: Vale de desconto en Javier Alfonso, vale de desconto en deportes Capitán, cesta de froitas da froitería A Nova, botella Vallobera Mágnum. A todo isto hai que engadir outros 20 premios sorpresa a repartir entre todas as papeletas participantes. A tapa con maior puntuación recibirá como premio 230 €, mentres que o segundo e o terceiro clasificados 170 e 120 € respectivamente, ademais dunha botella Vallobera Mágnum cada un deles. Para optar ao primeiro premio será necesario ter, polo menos quince cuños, mentres que para o segundo e terceiro bastará con dez. O acto de entrega de todos estes lotes terá lugar o 23 de xullo en horario de mañá, nun acto que se desenvolverá no salón de plenos.
Ademais de co Concello de Ordes a organización desta iniciativa, o sector hostaleiro de Ordes, conta coa colaboración das seguintes firmas comerciais locais: Calzados Capitán, carnicería Buyo, deportes Capitán, Eroski, Estrella Galicia, froitería A Nova, Javier Alfonso, Petroni e Ramón García.
As persoas interesadas poderán estar ao tanto de todas as novidades deste evento a través da páxina de Facebook https://www.facebook.com/debodenteconcurso/.