Persoal da Consellería de Medio Rural ofreceu onte en Ordes unha sesión formativa sobre o control da avespa asiática. A cita foi do máis interesante, xa que ademais de explicar pormenorizadamente as características, ciclos e comportamentos desta especie, tamén se informou sobre os programas de vixilancia e dos métodos de control máis eficaces. No encontro insistiuse na importancia de poñerse en contacto co 012 no caso de atoparse cun niño.