Friday 22 de November de 2024

Primeiro día do Campus de Verán Ordes 2016


Arredor de 50 nenos e nenas, entre 3 e 12 anos, participan dende no Campus de Verán Ordes 2016. Por diante quédanlles horas e horas de diversión nas que o deporte será o eixe central da súa actividade. Fútbol, rugby, béisbol, natación, atletismo, voleibol, aeróbic, zumba, deportes acuáticos, ademais de xogos tradicionais e xincanas son algunhas das modalidades que levarán a cabo nas instalacións deportivas de Vista Alegre. Ademais tamén están previstos torneos, concursos, xornadas temáticas e acampadas.

Esta iniciativa está organizada pola S.D. Club Ordes en colaboración co Concello de Ordes.