O sorteo dunha fritideira eléctrica no mercado de Palmeira xa tivo lugar e a agraciada resultou ser a veciña desta localidade Dolores Rivas. O número do premio foi o 055, vendido na Carnicería Aúrea.
Esther Patiño Rey, concelleira responsable da área de mercados, foi a encargada de facer entrega do obxecto sorteado nunha iniciativa desenvolvida co fin de estimular as ventas tanto nesta praza de abastos como na de Santa Uxía.