Friday 22 de November de 2024

O Museo do Traxe exhibe os mellores traballos dos obradoiros de pintura do Concello


Ata o vindeiro martes, 12 de xullo, poderase visitar de balde no Museo do Traxe a mostra de pintura dos obradoiros organizados polo Concello de Ordes. Trátase dunha recopilación de traballos feitos polos propios alumnos e alumnas de todas as idades, e que ao longo de todo o ano asisten ás clases semanalmente. Nos cadros aplícanse técnicas que van dende a acuarela ata o óleo ou o debuxo a man alzada con lápiz. Na inauguración, celebrada na tarde de onte, déronse cita centos de persoas, entre os que non faltaron os concelleiros de Educación e Cultura, Susana García e José Manuel Mira, respectivamente.