Friday 22 de November de 2024

A Xunta reforza os recursos da Policía Autonómica coa entrega de chalecos antibalas e catro todoterreos


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, fixo entrega de 30 chalecos antibalas, 250 pares de guantes anticorte e 18 terminais

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, dentro do Plan de dotación e mellora dos recursos, fixo entrega de material para a protección dos funcionarios e a mellora dos recursos da Unidade da Policía Autonómica.

En concreto, entregáronse 30 chalecos antibalas, 250 pares de guantes anticorte e 18 terminais, tamén se fixo entrega de catro vehículos todoterreo, para reforzar a campaña de verán. Ditos vehículos complementan os doce vehículos entregados no mes de xaneiro, seguindo deste xeito a liña de mellora de material para esta Unidade.

O equipamento forma parte dun plan de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias en Galicia.