Monday 25 de November de 2024

O concello saca a licitación o desbroce de marxes e apertura de cunetas ao longo de 87 kilómetros de camiños públicos en Riveira


O Concello de Riveira informa da licitación dos traballos de desbroce de marxes e a apertura de cunetas nos camiños públicos das nove parroquias do termo municipal.

As avarías constantes da maquinaria municipal levou ao Concello a iniciar este concurso público, que ten un prezo de licitación de 60.452 euros, IVE incluído.

O prazo de execución do contrato é de dous meses e o de presentación de ofertas expira o vindeiro sábado 8 de xullo.

Os traballos a realizar abranguen unha lonxitude total de 87.650 metros, incluíndo:

• Desbroce e limpeza de marxes de camiños (eliminación de cobertura vexetal dos bordes da plataforma de camiños municipais con medios mecánicos, con axuda manuel se fose necesario, incluíndo desbroce do espazo comprendido entre o pavimento e o límite das propiedades privadas colindantes)

• Apertura de cunetas(extracción dos materiais que se depositen nas cunetas, rasantenado paredes e fondo para conseguir unha óptima evacuación de auga e incluíndo o desbroce previo da superficie e a carga, transporte e xestión de residuos en lugar autorizado).