Friday 22 de November de 2024

Ordes, espazo reservado para a primeira MasterClass Salsation Fitness celebrada en Galicia


O Campo da Feira de Ordes acolleu a un bo número se afeccionados ao zumba e aos ritmos latinos nunha sesión que tivo como prinicipal instrutora á recoñecida Pipo Franco
Ordes, 30 de xuño de 2016. O Campo da Feira, en pleno corazón do casco urbano de Ordes, foi lugar da encontro para moitas e moitos afeccionados ao zumba e aos ritmos latinos. Por primeira vez en Galicia, levouse a cabo unha Salsation & Zumba Fitness MasterClass. Unha fórmula que conxuga o baile en grupo, o entretemento e o exercicio físico como disciplina para manterse en forma
Noelia Moledo, Blanger Y. Figuera, Lucía Gómez e Alberto García foron os instrutores encargados de facer moverse a todos e todas os que acudiron á cita. Como estrela convidada destacou a coñecida e popular coreógrafa Pipo Franco, que por primeira vez conduciu unha sesión deste tipo en terras galegas.
Entre os colaboradores para desenvolver esta iniciativa figuraron o Concello de Ordes, a asociación Movida Ordes, Salsation Zumba Fitness, roupa deportiva M&F e Alessandra Maneiro peluquería. Ademais destes os organizadores da actividade, con Noelia Modelo ao frente, agradeceron á gran cantidade de comercios e firmas comerciais da zona que contribuíron co sorteo de agasallos.