Friday 22 de November de 2024

Máis de medio centenar de asistentes nas Xornadas de Motivación emprendedora ofrecidas por Concello e Deputación


Máis de medio cento de persoas participanron no Auditorio nunhas Xornadas de Motivación Emprendedora coorganizadas polo Concello e a Deputación da Coruña, coa colaboración do Igape e a Xunta de Galicia.

 

O concelleiro de Turismo, Comercio e PEMES, Anxo Orellán, encargouse da intervención inaugural para dar paso a continuación a Fernando González, director da UPD da Deputación da Coruña, quen ofreceu unha disertación sobre motivación e creatividade para emprender.

 

Experiencia emprendedora

Un dos momentos máis atractivos da sesión foi a de tres emprendedores do municipio que explicaron de primeira man as súas experiencias á hora de montar as súas empresas. Foron María Martínez Paz, responsable dunha clínica de fisioterapia (Centro María Martínez Paz); María Martínez Cortizo, dun gabinete psicopedagóxico (Espazo Aberto); e Rubén Brión, dun restaurante-cetaria-mercado de abastos en Corrubedo (Benboa).