Friday 22 de November de 2024

A Escola Municipal de Música clausura o curso cun festival na Alameda de Ordes


A Alameda de Ordes serviu de escenario para unha das citas culturais e artísticas máis esperadas por moitos veciños e veciñas. O festival de fin de curso da Escola Municipal de Música congregou a un bo número de persoas, que en vivo e en directo comprobaron o resultado de un ano de traballo e estudo por parte darredor de 100 nenos, nenas, mozos e mozas. Acompañados en moitos casos dos seus profesores ofreceron un recital con todo tipo de instrumentos, no que tampouco faltaron as pezas cantadas. Tamén participou a Big Band da escola e a Banda Xuvenil, na que debutaron doce novos intérpretes.