O delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, asistiu esta mañá ao acto simbólico de izado das bandeiras no Concello de Boiro
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asistiu ao acto de izado de bandeiras azuis en Boiro. O acto tivo lugar no areal de Barraña, unha das praias con este distintivo no municipio, e congregou tanto a representantes do Concello como aos socorristas que traballarán este verano en Boiro.
O Concello de Boiro foi distinguido este verán con seis bandeiras azuis, sendo o segundo concello da provincia en número de distintivos, só por detrás de Arteixo. Ademais da de Barraña, contan tamén con bandeira Carragueiros, Retorta, Barraña-Saltiño, Ladeira do Chazo e Piñeirón.
Durante o acto simbólico de izado da bandeira, Diego Calvo salientou o esforzo que realizan os municipios que contan con bandeiras azuis nas súas praias por manter este distintivo, xa que esixe unha serie de condicións hixiénico-sanitarias, de seguridade e de prestación de servizos que requiren “un traballo constante”.