Terá lugar na casa da cultura o vindeiro martes ás 20 horas
O Concello de Ordes levará a cabo o vindeiro martes, 6 de xullo, unha xornada formativa sobre o control da avespa asiática. Será ás 20 horas nos baixos da Alameda e entre os puntos que se abordarán figuran: as características biolóxicas da especie e a diferenciación con respecto a outras, programas de vixilancia, así como os métodos de control máis eficaces. As persoas interesadas poden acudir sen necesidade de realizar ningunha inscrición previa.
Esta iniciativa está desenvolvida polo Concello de Ordes e a Consellería de Medio Rural.