O segundo Festival Riveira de Humor amenizará a cidade de Riveira durante esta verán a través dun total de once interesantes actividades de humor, circo, clown e teatro.
Impulsada pola Concellería de Cultura que dirixe Fabiola García e coa colaboración da Deputación da Coruña e AGADIC, a programación arrancará mañá sábado 3 de xullo, ás 21.30 horas, coa actuación no palco de pedra do Malecón de Circo Chosco e a obra “Forzudos” e se prolongará ata o 12 de setembro.
Os obxectivos desta iniciativa residen, por un lado, en achegar as diferentes manifestacións artísticas de nova creación cultural (clown, novo circo, teatro na rúa e humor) e, por outro, en dinamizar e promocionar o interese pola cultura.
O resto da programación é o seguinte:
• Festival de Circo Pistacatro Cía Duelirium: “Welcome”. Sábado 9 de xullo. Paseo do Malecón (palco de pedra). Ás 21.30 horas.
• Desastronauts: “Máis alto aínda”. Sábado 30 de xullo. Paseo do Malecón (palco de pedra). Ás 21.30 horas.
• Pallaso Polín: “Popín Palomero”. Mércores 3 de agosto. Praza do Concello. Ás 12 horas.
• Rudi Rudi Rastafarudi: “Rudículo”. Xoves 4 de agosto. Praza do Concello. Ás 12 horas.
• Javi Javichi. Sabado 13 de agosto. Praza do Concello. Ás 21.30 horas.
• Musicoloco. Xoves 18 de agosto. Praza de España. Ás 12 horas.
• Clown Jano: “Sen medidas”. Sábado 20 de agosto. Paseo do Malecón (palco de pedra). Ás 21.30 horas.
• Kanbahiota Infantil: “Enamorado del aire”. Sábado 27 de agosto. Praza do Concello. Ás 21.30 horas.
• Asacacocirco Show. Sábado 3 de setembro. Paseo do Malecón (palco de pedra). Ás 21 horas.
• Títeres Viravolta: “Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón”. Luns 12 de setembro. Praza do Concello. Ás 19 horas.