Friday 22 de November de 2024

Regos entrega os diplomas ás alumnas do curso de Atención a Persoas Dependentes en Institucións Sociais


 

Manuel Regos, alcalde de Ordes, fixo entrega dos diplomas do curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. Éste tivo unha duración de 478 horas e englóbase dentro do plan de Acción Formativa para Desempregados (AFD), financiado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. Nel participaron un total de 15 mulleres da comarca de Ordes que dende hoxe xa dispoñen do seu certificado de profesionalidade, imprescindible a partir de 2015 para poder exercer oficialmente neste eido.

“O Concello de Ordes apoia todas as medidas relacionadas coa formación, porque para moitas das persoas que actualmente están no paro é o primeiro paso para reciclarse e poder formar parte novamente do mercado laboral”, manifestou Regos. “Actualmente no municipio temos unha tasa de paro inferior á media estatal pero non por elo imos a relaxarnos e deixar de traballar a reo neste campo”. A modo de conclusión o eldil ordense insistiu e que “todos fagan uso do departamento de emprego local que o Concello pon a disposición de todos os seus vecinos e veciñas”.