Friday 22 de November de 2024

Recepción a 27 veciños de Adeje que veñen de completar o Camiño de Santiago


Un total de 27 veciños da localidade canaria de Adeje recalaron no noso municipio despois de completar no día de onte o Camino de Santiago. A iniciativa xurdiu da Concellería de Xuventude deste municipio, cuxo edil responsable, Zebenzui Chinela Linares, formou parte da expedición.

O grupo foi recibido no salón de plenos consistorial polo alcalde Manuel Ruiz, quen estivo acompañado da primeira tenente de alcalde, Fabiola Martínez, e polo concelleiro de Xuventude Anxo Orellán.

Chinela Linares, que ten familia aquí, destacou a amabilidade con que os adejeros sempre son recibidos en Riveira, coa que están unidos por lazos de irmandade dende o ano 2003.

Pola súa parte, o alcalde correspondeu salientando o agarimo co que a poboación riveirense é recibida na localidade canaria e, despois de explicar os vínculos desta terra co Apóstolo a través da ruta arousá da translatio, aproveitou para amosar a través dun novo vídeo turístico algúns dos nosos principais recursos.

Os visitantes terán oportunidade de coñecer esta tarde unha das principais xoais turísticas do noso termo municipal: a illa de Sálvora.