Saturday 16 de November de 2024

l Torneo Club Hóckey A.C. Órdenes


Terá lugar de venres a domingo, no pavillón Castelao I, e nel participan un total de oito equipos procedentes tanto de Galicia como de Cataluña e incluso doutros países como Austria

A partir deste venres, 1 de xullo, e ata o vindeiro domingo, 3 de xullo, terá lugar o I Torneo Club Hóckey A.C. Órdenes no pavillón Castelao I. Nel participarán un total de 8 equipos, procedentes non só de Galicia, senón tamén de Cataluña e incluso de países estranxeiros como Austria.

Concretamente participan os seguintes equipos: A. C. Órdenes; Patín Oroso; Hóckey Compostela; Cerdanyola Club D´Hoquei; Rho Dornbirn, Club Hóckey Oleiros, Club A.A. Dominicos e C.M. Ferrol. O venres os encontros irán dende as 16 ata as 19 horas e será o turno para os benxamíns, prebenxamíns e alevíns. O sábado de 10 a 12 horas xogarán os alevíns e infantís, e de 14.15 a 17.15 os prebenxamíns, benxamíns e infantís novamente. Para este día tamén está prevista unha homenaxe aos veteranos do club A.C. Órdenes, auténticos responsables da grande acollida e afección que Ordes sente por este deporte. Todos eles disputarán un partido o sábado, 2 de xullo, a iso das 19.30 horas. Unha hora antes será a quenda para as mulleres veteranas, que tamén saltarán á pista para demostrar, unha vez máis, a súa valía sobre os patíns.

Xa de cara ao domingo de 10 a 12.45 será o turno para as categorías infantil, micro, prebenxamín e júnior estando prevista a entrega de trofeos a partir das 14 horas. O dito torneo está organizado polo Club A.C. Órdenes, o cal conta coa colaboración do Concello de Ordes.