Saturday 16 de November de 2024

Festival de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ordes


Levarase a cabo este venres na Alameda a partir das 20 horas

Este vindeiro venres, 1 de xullo, a Alameda de Ordes servirá de escenario a partir das 20 horas para os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. Arredor de 100 nenos, nenas, mozos e mozas acompañados en moitos casos do seu profesorado actuarán neste evento “no que se ofrecerá un recital con todo o que se leva traballando ao longo de todo o ano, sobre todo dende xaneiro”, segundo explica o seu director. Entre outros números figuran pezas do grupo de música e movemento, pezas de coral e combo-rock. Para concluír cóntase tamén coa participación da Big Band da escola, así como coa Banda Xuvenil, na que debutarán doce novos intérpretes.

Con esta convocatoria preténdese, por un lado, achegarlles aos habitantes de Ordes o traballo e esforzo que se realiza por parte do alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música, á par que se brinda unha actividade de desfrute ao aire libre na que a música é a máxima protagonista.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan levar a cabo esta actividade no exterior, ésta trasladarase á casa da cultura.