Saturday 16 de November de 2024

A Deputación aprobará o investimento de preto de 450.000 euros na mellora da seguridade viaria na estrada de Carballo a Portomouro


 

A actuación, que inclúe a renovación do firme ao longo de toda a estrada, será aprobada en pleno este venres

O pleno da Deputación aprobará o proxecto de mellora do firme ao longo da estrada DP.1914 de Carballo a Portomouro cun investimento estimado de 444.000 euros.

O plan de actuacións inclúe a renovación da capa de rodadura en toda a vía, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e manter a política de conservación da súa rede de estradas posta en marcha pola Deputación da Coruña.

Segundo o proxecto, trátase de estender unha capa de mestura bituminosa en todo o ancho da calzada, cunha superficie total de 51.000 metros cadrados. Nos puntos máis deteriorados, onde o firme existente se atope máis agretado, realizarase un fresado e unha reposición completa.

Do mesmo xeito, executarase a sinalización horizontal necesaria nun total de 28,9 quilómetros nas beiravías e de 14,5 quilómetros en liña de eixo. Por último, instalarase unha drenaxe lonxitudinal con canalización de pvc en aproximadamente 50 metros