Friday 22 de November de 2024

Este venres arranca en Ordes o II Concurso de tapas ‘De bo dente!’


Terá lugar nas dúas primeiras fins de semana e será a clientela dos establecementos quen proclame as persoas gañadoras. Tamén haberá importantes premios para quen deposite o seu voto nas urnas
Ordes, 28 de xuño de 2016. Ordes xa ten nova data para o seu concurso de tapas. Será o vindeiro mes de xullo, concretamente durante as dúas primeiras fins de semana (días 1, 2, 3, 8, 9 e 10). Trátase da segunda edición deste concurso. Nel participan un total de 26 establecementos principalmente da vila de Ordes, e doutros lugares como Santa Cruz de Montaos e As Casillas. Esta iniciativa ten como finalidade incentivar a cultura das tapas, fomentar a calidade destas, acadar un maior número de visitantes no concello e promover a gastronomía local dinamizando a hostalería.
Novamente será a clientela de todos estes bares e restaurantes a encargada de decidir quen son os verdadeiros mestres á hora de poñerse diante dos fogóns. O xeito de proceder será mediante as votacións plasmadas nos boletos repartidos e cuñados posteriormente polos establecementos participantes. Cada establecemento contará cunha urna selada onde deberán depositar os votos cuñados por cada un deles.
No mesmo boleto cubrirán os seus datos persoais para poder optar aos premios do público. Nesta segunda edición haberá tres lotes constituídos polos seguintes agasallos: 1º premio: O peso da persoa gañadora en cervexa Estrella Galicia, visita á bodega de Petroni, cesta de cervexas Internacionais, cesta de embutidos artesáns, botella Vallobera Mágnum. 2º premio: Visita á bodega Vallobera, vales supermercado Eroski por un importe de 30 €, vale calzados Capitán (zapatillas Mustang), botella Vallobera Mágnum. 3º premio: Vale de desconto en Javier Alfonso, vale de desconto en deportes Capitán, cesta de froitas da froitería A Nova, botella Vallobera Mágnum. A todo isto hai que engadir outros 20 premios sorpresa a repartir entre todas as papeletas participantes. A tapa con maior puntuación recibirá como premio 230 €, mentres que o segundo e o terceiro clasificados 170 e 120 € respectivamente, ademais dunha botella Vallobera Mágnum cada un deles. Para optar ao primeiro premio será necesario ter, polo menos quince cuños, mentres que para o segundo e terceiro bastará con dez. O acto de entrega de todos estes lotes terá lugar o 23 de xullo en horario de mañá, nun acto que se desenvolverá no salón de plenos.
Ademais de co Concello de Ordes a organización desta iniciativa, o sector hostaleiro de Ordes, conta coa colaboración das seguintes firmas comerciais locais: Calzados Capitán, carnicería Buyo, deportes Capitán, Eroski, Estrella Galicia, froitería A Nova, Javier Alfonso, Petroni e Ramón García.
As persoas interesadas poderán estar ao tanto de todas as novidades deste evento a través da páxina de Facebook https://www.facebook.com/debodenteconcurso/.