A atleta ordense Ánxeles Rodríguez, un dos máximos referentes locais desta modalidade deportiva, participou esta fin de semana no Campionato Nacional de Veteranos en Pista ao Aire Libre. As probas tiveron lugar en Elx, onde acadou unha medalla de ouro e outras dúas de bronce en xavelina, martelo e salto de altura respectivamente.