Friday 22 de November de 2024

Os máis pequenos de Touro disfrutan da Festa do Neno


Centos de nenos e nenas de todas a idades disfrutaron en Touro da xa tradicional Festa do Neno. O soleado día fixo que os máis pequenos e os seus país aprovetaran ao máximo a xornada de lecer. O Concello de Touro acolleu o pasado venres, día 24 de xuño, a Festa do Neno. A xornada festiva comenzou ás 16.00 horas na praza de Luar, en Fonte Díaz, a zona de servizos onte tamén está ubicada a Casa da Cultura e as piscinas. Durante toda a tarde os nenos e nenas que ata alí se achegaron poideron xogar nos inchables e participar no obradoiros de globoflexia, maxia e maquillaxe. Os nenos e nenas tamén participaron nnnha ‘xincana de xogos tradicionais’ con bolos, rá, petanca, trompos, tiro de corda, carreira de sacos e pratos chinos.

Tamén circulou o un tren turístico.Os máis pequenos subíronse ao tren que cada pouco saía da praza de Luar e facía o percorrido de media hora polas rúas de Fonte Díaz. A presencia de nenos, nenas e país prolongouse durante toda a tarde soleada. Na piscina municipal tamén se instalaron inchables. Remataron a xornada ‘Os quinquilláns’ que presentaron a obra ‘Por qué e salgada a auga do mar?’ e a actuación de maxia do Mago Xacobe, que unha vez máis foi a admiración dos presentes.

Dende un punto de vista festivo o Día do Neno o inicia unhas celebracións que teñen a súa continuidade no verán, coa festa dos maiores, que tradicionalmente se celebra no mes de agosto. Nas próximas semanas poñeranse tamén en marcha as actividades estivais para os nenos de Touro.