Nenos, nenas e adultos desputarán carreiras de velocidade; lanzamentos de xabelina, peso, disco e martelo; saltos de lonxitude e altura; carreiras de resistencia; xogos multiatléticos e carreiras de relevos
O atletismo marcará a vindeira semana a axenda deportiva de Ordes debido ao V Campus de Atletismo. Unha cita na tamén colabora estreitamente o Concello de Cerceda. De feito os organizadores desta nova convocatoria, ao igoal cas anteriores, son os clubs Atletismo Ordes e Atlética A Silva.
O programa terá lugar nas pistas de atletismo do Concello de Ordes, a carón do campo de fútbol de Vista Alegre, e dará comezo o luns para rematar o xoves. Ao longo destas catro xornadas nenos, nenas e adultos desputarán carreiras de velocidade con e sen obstáculos; lanzamentos de xabelina, peso, disco e martelo; saltos de lonxitude e altura; carreiras de resistencia; xogos multiatléticos e carreiras de relevos. As probas desenvolvereanse de 18.30 a 20.30 horas para os menores e a partir das 21 horas para os adultos. Os gañadores virán dados pola suma total das competicións.