Saturday 16 de November de 2024

A alcaldesa de Lousame celebra que o Consello da Xunta autorizase o investimento de 200.000 € no saneamento de Filgueira, Seixido e Servia


A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, celebra que o Consello da Xunta autorizase hoxe xoves a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Lousame para instalar un sistema de saneamento e depuración de augas nos lugares de Filgueira, Seixido e Servia. Un proxecto orzamentado en 200.000 euros e cuxas obras serán licitadas este mesmo ano.

Este convenio é froito das xestións mantidas pola alcaldesa de Lousame diante da Xunta de Galicia, a última o pasado mes de maio cunha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, que serviu para ultimar o convenio que hoxe foi aprobado no Consello da Xunta.